Galiza politica
Register
Advertisement
Banner1 candepalleiro

Sobre o logo | Páxinas novas XML | Subscribete con Bloglines | Quen somos | busca artigos

Trasfondo político e social

Galiza ven de sufrir unha serie de catástrofes naturais que depredaron fortemente a súa riqueza forestal e marítima. Tendo en conta que o mar e o monte son, xunto coa fala, a faciana da nosa cultura, os incendios e máis os vertidos constitúen un atentado directo á idiosincrasia galega. De seguirmos así, estarémonos a achegar, sen dúbida, cara unha inminente desaparición da nosa identidade como pobo.

Perante estes acontecementos, a cidadanía galega sentiuse abandonada polas institucións e manifestouse, organizouse e protestou; nunha resposta social sen precedentes. A clase política, mentres tanto, eludía a propia responsabilidade, inoperancia e imprevisión, alegando accidentes inevitables ou a existencia de hipotéticas conspiracións.

A Iniciativa "Can de Palleiro"

Neste marco social e político materialízase a iniciativa “can de palleiro”. Unha proposta ideada por científicos, artistas e emigrantes galegos, coma un espazo para o pensamento crítico construtivo, para a reflexión e denuncia da situación de Galiza.

A iniciativa Can de Palleiro é independente e está desvinculada de toda agrupación política, pero sitúase nas antípodas ideolóxicas do caciquismo e de correntes conservadoras. A iniciativa ten un formato indefinido e aberto a toda forma de expresión cultural, baseada na colaboración, na discusión e na difusión de ideas e proxectos.

Declaración de intencións

A iniciativa "Can de Palleiro" é a canle independente de expresión dunha emerxente xeración de galegos, protagonistas dun cambio social catalizado polos desastres do Prestige e do verán negro do 2006. Unha nova xuventude galega esperta, farta de conformismos e do asoballamento caciquil medieval.

É a materialización dun berro colectivo en contra dos asasinos da terra e dos depredadores do mar. A Iniciativa "Can de Palleiro" pretende soterrar á Galiza vella e submisa baixo a cinsa e o chapapote do que é a responsable.

A iniciativa "Can de Palleiro" é un espazo aberto para reclamar, protestar e denunciar actividades que atenten contra Galiza: o seu ecosistema, cultura e tradición. É tamén un lugar para a análise, a discusión e proposta de solucións e mais liñas de actuación alternativas. É tamén, sobre todo, un espazo para unha moi necesaria autocrítica.

Como participar

A iniciativa ten unha filosofía "WIKI", o que significa que calquera pode rexistrarse, participar e expresarse. Pódese participar nas liñas abertas de discusión, aportando o teu punto de vista e información e incluso editar o que os demais escribiron, sempre respectando a diversidade de opinións.

Tamén é posible abrir novas liña de discusión sobre un tema no que esteas interesado, tratando situacións relativas a Galicia que merezan segundo ti unha reflexión por parte de todos.

Tamén podes colaborar mediante a expresión literaria ou artística, publicando aquí os teus escritos, debuxos e demais. A única condición é que sexán reflexo con espírito crítico aspectos da Galiza que merezan atención.

Todos os textos e imaxes que se consideren ofensivos e falten ó respecto das persoas van ser inmediatamente borrados e os seus responsables bloqueados. Cando se cite ou expoña información en contra dun particular, facilitarase un enlace á fonte orixinal da información, a ser posible que sexa dun medio de información contrastado.

"Can de Palleiro" nos medios

  • Iniciativa can de palleiro [1]

En Chuza.org, 2 Xaneiro 2007.

  • Can de Palleiro: novo espazo de discusión galego libre e participativo. [2]

En CodigoCero.com, 3 Xaneiro 2007.

  • A diáspora abre un foro de debate sobre a nosa identidade [3]

En Vieiros.net, 4 Xaneiro 2007.

Liñas abertas

Prestige

Lume

Universidade

Caciques

Rexistro de Emigrantes Galegos

Estatutiño

Galiza vai ben

Cidade da cultura

Educación Secundaria

Membros

  Se queres formar parte e colaborar, escribe a: candepalleiro "arroba" googlegroups.com
Advertisement