FANDOM


O Caciquismo na GalizaEditar

O caciquismo está tan arraigado na Galiza que hai teses que defenden que foi inventado aiqui mesmo. O poder do cacique esta baseado no control electoral en nucleos de poboación pequenos, a base de favoritismos, nomeamentos para postos públicos a dedo, e tráfico de influencias.

O discurso do cacique é un discurso populista que únicamente cala nas clases sociais rurais e culturalmente menos favorecidas, facendose ver como responsable único de calqueira adianto e modernización. Debido a inusual distribución do mapa demográfico en Galiza (Galiza ten 30000 nucleos de poboación, o 48,9% do total de entidades de poboación , e o 6% da poboación total de España [1]) .grande número de nucleos pequenos de pobolación da Galiza controlando deste xeito una masa crítica de votantes moi decisiva.

o cacique aproveitase da situación privilexiada no se

Estancamento cultural

Dende este punto de vista, os caciques son uns dos principais culpables do atraso económico, cultural e social que vive Galiza. A desaparición do caciquismo é primordial e imprescindible para unha modernización e un desestancamento de Galiza.

Os da BoinaEditar

Unha meirande parte dos caciques galegos recoñecense integrantes do famoso sector da "boina" do Partido Popular,

Caciques con nome e apelidosEditar

Cada nome e apelido ten que ir acompañado dunha ligazón a un artigo nun medio de información contrastado que demostre que o suxeito merece estar na lista, seguido o formato:

Xosé Cuiña [2]Editar

Ex-Conselleiro de Politica Territorial, delfín de Manuel Fraga na carreira sucesoria pola Xunta. [3]

En 1995 soúpose que as empresas da súa familia, Inasus, Metaldeza y Pumade, dedicadas á carpintería metálica, pasaron do rexistro de morosos do Banco de España en 1989, a ser as quintas de España en fabricación de fachadas. En 1994 Inasus facturou case 6 millons de euros (1.000 millons de pesetas) só en subcontratas para obras da Xunta; o grupo empresarial ó completo superou enton os 10 millóns de euros (1.700 millóns de pesetas) en negocios con empresas que, á sua vez, traballaban en obras públicas adxudicadas polo Goberno galego. Os ingresos das compañías familiares comezaron sospeitosamente a aumentar de forma espectacular, dende a chegada de Cuiña á Xunta. Pese a todo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non considerou incompatibles os seus negocios co seu posto político, xa que a súa nai (80 anos de idade) era a titular de todo o grupo empresarial, que seguía a recibir subvencións estatais por parte do ministerio de Economía.

Cuiña finalmente dimitiu cando se descubriu que as súas empresas venderan material para limpar praias a Tragsa e á propia Xunta, aproveitandose así da catástrofe que viviu Galiza naquelas datas. (Fonte: El Mundo.es) [4].

Mais información: na Galipedia [5], El País [6]

Isaac Vila Rodriguez [7]Editar

Senador por Ourense, Alcalde de Xinzo de Limia, ex-Presidente do INORDE (Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico) (1987-1997). Ex-diputado na Diputación Provincial de Ourense, ex-presindente da Mancomunidade da Limia.

O tribunal Supremo inhabilitouno durante seis anos pola comisión dun delito de negocios prohibidos a funcionarios. O Alto tribunal condeouno porque, mentres Vila era diputado provincial, a Diputación compraba material nun almacén da súa propiedade. Asomeso, foi acusado de cobro irregular de cartos, sendo condeado a devolver 9.000 euros ó concello [8], [9], [10].

Na súa chegada á alcaldía, o PSOE de Xinzo valorou en tres millones de euros a deuda municipal contraída por Isaac Vila en seis anos [11]. Durante a inhabilitación, foi o principal promotor na empresa Vidriera del Atlántico, creada no 2001 ubicada en Xinzo, sendo acusado de comercializar os postos de traballo por votos no seu posterior retorno ó poder [12].

O rematar a condea, presentouse á alcaldía de Xinzo novamente, gañando por maioría absoluta. No seu programa electoral incluíanse unah serie de proxectos con fotografias manipuladas electrónicamente, dos cales o final da lexislatura non hai ningún en proceso de construcción [13].

Chegou incluso a defender a figura do cacique, falando que seriá necesario un en cada comarca [14].

Susana Vazquez Dorado [15]Editar

Alcaldesa de Porqueira, Ourense.

Sen traxectoria política ata que se presentou polo PSOE a alcaldía de Porqueira, Ourense, sendo a única concelleira elexida nesta formación. Entrou pola porta grande na vida pública cando, na sesión de investidura do alcalde, votouse a sí mesma e foi elexida alcaldesa co respaldo do PP [16]. Vázquez debería ter apoiado a proposta de alcalde do BNG, tras os acordos asinados entre as direccións socialista e nacionalista [17].

Esta xogada fixoa posiudora do título de Primeira Tránsfuga Oficial de Galicia, título ó que ela non lle concede o valor que merece, nun alarde de modestia dos grandes políticos [18]. A comisión antitransfuguismo, constituida no Congreso dos deputados, considerou a Susana Vazquez coma paradigma do transfuguismo [19].

Foi asomesmo acusada formalmente de recibir diñeiro e favores do PP, causa xudicial que se pechou por non quedar demostrada [20]

Xose Luis Baltar [21]Editar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense. Ex-alcalde de Nogueira de Ramuín, ex-senador polo PP.

Barón do PP en Ourense, e principal integrante do Sector da "boina", político populista e traficante de intereses e favores [22].Acusado de pagar actos electorais con diñeiro público e de fletar autobuses pagados con fondos provinciais para a recollida de votos nas aldeas. A súa xestión esta salpicada de innumerables irregularidades e acusacións, ventas de fincas sospeitosas e demais [23].

A súa figura tomou protagonismo no proceso de sucesión de Manuel Fraga á Presidencia do PPdeG. Amosando un claro apoio o ex-delfín, Xosé Cuiña chegou a ameazar a Fraga coa escisión [24], provocando unha fonda crise no seno do PPdeG e propiciando o desfalecemento do lider Manuel Fraga, froito das presións internas (ver video).

Baltár colocou o seu fillo Xose Manuel Baltar coma número dous a deputación pola provincia de Ourense nas eleccións de 2005.

Francisco Cacharro PardoEditar

Presidente da Deputación Provincial de Lugo, concelleiro no Concello de Lugo e senador polo PP. [25]

Antonio Mouriño VillarEditar

Alcalde de Celanova (Ourense)

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.