FANDOM


Para seguir a evolución da reforma do estatuto ir a [1]

HumorEditar

Nestas datas estase a debater sobre a reforma do estatuto de Autonomia de Galicia. Dame a min non naris que este vai ser un estatuto pequeno, feito ca boca semi-pechada. Por eso aiqui en Can de Palleiro ímolo bautizar: "O Estautiño" .

Unha das principais liortas entre os dirixentes, é a de como afrontar a cuestión nacional. Que Galiza é unha nación non o dubida nin Fraga, pero estalles custando atopar unha fórmula correcta para dicilo e que ninguén na veciña España se arrinque os pelos do bigote.

Por iso aiqui aventurámonos a axudar na elaboración do Estatutiño propondo posibles formas de dicir que Galicia é unha nación, pero sin dicilo. Máis ou menos o que están a facer no parlamento, pero cun pouco mais de chispa.

Invitámosvos a darlle ó maxín e escribir abaixo a vosa versión da primeira liña do "Estatutiño". Elixiremos as tres mais orixinais e votaremos entre elas a nosa favorita. Grazas pola vosa colaboración.

O Estatutiño de GalizaEditar

  • Galiza é uma (pt) Nação/Naçom/Nazom/Nazón/Nación (es) (e ponto)
  • Galiza é unha Nación de Breogán. (Proposta por Touriño)
  • Galiza é unha Nacionalidade Histórica. (a favorita do PP, ou sexa a que está no estatuto de agora)
  • Galiza é unha Realidade Nacional. (A que lle gústa a Zapatero)
  • Galiza é unha Identidade Nacional. (Eu apostaría por esta. Insípida)
  • Galiza é unha Nacionalidade Nacional. (A parte contratante da primeira parte...)
  • Galiza é unha Naciónciña. (Conformámonos con pouco)
  • Galiza é unha Case-Nación. (Nin sube nin baixa)
  • Galiza é unha Infra-Nación. (Algún ainda se aledaría)
  • Galiza é unha Sub-Nación.(Xa nos soterran)
  • Galiza é unha Pre-Nación.(ainda hai esperanza)
  • Galiza é unha Clo-Nación. (de Portugal, de Irlanda ou de Escocia?)
  • Galiza é unha Aluci-Nación. (esta dóe)
  • Galiza é unha Imaxi-Nación. (o que nos queren facer crer)

Actualización: Fracasa o "trio de Montepio" e Galiza queda sen estatutiño, polo de agora... Como bós galegos os membros do trío escóndense tras apariencias de cesions que non foron tales; mais o tempo porá as cousas no seu sitio e tal e como o actual sistema Constitución do78/estatuto do 81 non significou ningúnha 'ruptura' acabará impóndose unha nova mentalidade que saiba discernir entre o recoñecemento dunha "dignidade nacional" , a articulación dun estado e a articulación dese estado dentro dun organismo pluriestatal.

O silencio é o principal enemigo dese troco pois mentres uns calemos os outros dirán que "todo vai ben" e a xente o creerá e terá medo ós trocos que SABE precisos. Galiza e os galegos saben que só dende a autoafirmación mainiña mais constánte se pode chegar a un futuro no que cristalicen as oportunidades do pais e da súa xente; mais pronto que tarde este "peche en falso" hase pagar.

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.