Prestige
De Galiza politica
Páxina adicada á traxedia do Prestige. Prétendese establecer cronolóxicamente a cadea de feitos para poder xulgar as decisións tomadas polos politicos e xerentes da catástrofe.
Índice |
[editar] Cronoloxía
[editar] 2002
13-Novembro (Día 1)
- Rotura dun dos tanques do petroleiro monocasco "Prestige" a 50 kms da costa.
- 15:15 horas. Chamada SOS do capitan do Barco Apostolos Mangouras.
- 22:00 horas. Mensaxe de tranquilidade do armador do barco, "A situación do barco e estable".
- Salvamento Marítimo alerta da gravedade da situación: a mancha e de 10 kms X 300 metros de ancho.
14-Novembro (Día 2)
- "Marea negra" de #7 kms a 5 millas da costa.
- O barco estivo a 4 millas de Muxia.
- Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Governo asegura que o destino do barco non sera "un porto español". A decisión esta tomada.
- O Prestige remolcarase ata unha distancia de 120 millas da costa.
- As autoridades confían en que a mancha se desprace cara ó nordés alonxandose da costa gallega en dirección ó Reino Unido.
- Os responsables das cofradías da Costa da Morte queixanse de non recibir ningunha información por parte da Consellería de pesca.
15-Novembro (Día 3)
- Paralízase o remolcamento ante o risco de rotura a 61 kms da costa.
- Detense ó capitan, Apostolous Mangouras, acusado de falta de colaboración e atentado ecolóxico.
- A armadora do barco cuestiona a decisión de alonxar o barco. "Pecharonnos todas as vias para salvar a situación".
- A empresa "Universe Maritime" apostaba dende un primeiro momento por un trasvase da carga en augas tranquilas.
- Disponse de 8 kms de barreiras para parar unha mancha de 37 kms.
16-Novembro (Día 4)
- Marea negra: 190 kms de costa afectados.
- O barco cun costado destrozado virou e navega cara Portugal acercandose cara a costa 17 millas.
- A empresa encargada do rescate négase a alonxar o barco, polo risco que supón. Existen claras discrepancias e tensión entre a empresa encargada do rescate e o Governo.
- O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete aseguar que non hai risco de catástrofe pesqueira.
17-Novembro (Día 5)
- Rotura dun terceiro tanque, confirmado por Enrique López Veiga, Conselleiro de pesca pero desmentida por Arsenio Fernandez de Mesa, delegado do Governo en Galicia.
- Prohibese a pesca e o marisqueo en toda a costa da Morte.
- O barco esta parado en mar aberto durante todo o día, por orde do goberno de España.
- Dende o goberno asegurase que as indemnizacións ós afectados cobraranse antes de navidades, nun inmtento de calmar a crispación.
18-Novembro (Día 6)
- Nova gran mancha de Fuel (posiblemente procedencet da rotura do terceiro tanque) dirixese cara as rias Baixas.
- Portugal negase a que o buque atraqeu nos seus portos. O Prestige navega cara o litoral Galego.
- Segundo Fernandez de Mesa, o buque xa está en augas portuguesas, e califica ó desastre coma un "percance".
- Chega Mariano Rajoy.
19-Novembro (dia 7)
- Afundimento.
- Tensión entre Portugal, España polas decisións tomadas na xestíon.
- Cruce de declaracións e acusacións entre as partes implicadas. O Governo defendese con Rajoy á cabeza.
20-Novembro (dia 8)
- imaxe de satélite. Compróbase a magnitude da catastrofe asi como a traxectoria que seguiu o petroleiro.
- O ministro de defensa Federico Trillo desvela que o Governo barallaba a posibilidade de bombardear o Prestige. [1]
- Desvelase que o Governo rexeitou a axuda Inglesa. [2]
- 300 kms de costa afectados.
21-Novembro (dia 9)
- Marea negra en Fisterra, A Coruña, Ferrol e Muros.
- Chega o Presidente da Xunta, Manuel Fraga, dunha cacería: "Yo vengo con dinero en la mano".
- Bolsas de fuel no lugar do afundimento constatan que o barco segue a perder fuel. [3]
- Arsenio Fernandez de Mesa: el barco hundido no pierde fuel, las nuevas manchas son restos del anterior vertido" [4].
22-Novembro (dia 10)
- Segunda marea negra en Muxía que chega hasta Cabo Ortegal.
- Marea Blanca de voluntarios sen medios suficientes.[5]
- Juan Jose Lopez, director ejecutivo de Greenpeace España: El Estado ha abandonado a Galicia [6]
- Paralización das labores de limpeza nalgunhas zonas por parte da delegación do Governo [7].
- A marea achégase á ría de Arousa. A crispación dos afectados aumenta [8].
- Aznar: El Gobierno ha respondido con diligencia [9].
- Rajoy: "O fuel no fondo acabará solidificándose" [10].
23-Novembro (dia 11)
- Rajoy nega que o vertido sexa unha "Marea Negra" [11].
- Constátase a perigosidade a que estan sometidos os voluntarios [12].
- A descordinación dificulta as tarefas de recollida [13].
- Suspendidas as tarefas de limpeza en Ferrol por falta de medios [14].
- Apróbanse compesacíons económicas para os afectados.
24-Novembro (dia 12)
- Moción de censura contra Fraga [15].
- A mancha producida no momento do afundimento avanza 20 km por día cara a costa.
25-Novembro (dia 13)
- Primeiros verquidos en Asturias [16].
- detectanse 50 aves mortas en Huelva e Cadiz con fuel no aparato dixestivo [17].
- Constátase a contaminación dos fondos mariños [18].
26-Novembro (dia 14)
- Constitúese a Plataforma "Nunca Máis", que convoca unha manifestación multitudinaria en Santiago [19].
- O cambio previsto na dirección do vento empuxa a mancha cara as rías baixas e as Illas Cíes [20].
27-Novembro (dia 15)
- Un informe interno do Governo desvela que o verquido supera as 20000 toneladas [21].
- Os Barcos arrastreiros descubren fuel nos fondos mariños. Peixes petroleados vendéndose na lonxa [22].
- A gran mancha (11000 toneladas) tocará a Costa durante a fin de semana.
28-Novembro (dia 16)
- A costa prepárase ante a inminente chegada do fuel.
- O Governo admite que o tipo de fuel presenta "algunhas complicacións"[23].
- O verquido estraga o "Mueso de man", obra dun alemán ermitaño en Camelle [24].
- Aparecen máis manchas na zona do afundimento. o barco segue a perder chapapote [25].
- A Union Europea di que non desviará fondos para paliar os efectos da catástrofe [26].
29-Novembro (dia 17)
- Alerta máxima ecolóxica en Galiza.
- O Governo impide tomar imaxes aereas da costa [27].
- López Veiga: «Os próximos días van ser moi difíciles».
- Ante a escasez de medios e a inoperancia da Xunta, os mariñeiros idean solucións desesperadas para parar o fuel.
- Greenpeace bloquea a salida de outro buque-basura que pretende pasar fronte a Galiza cunha carga similar o Prestige.
30-Novembro (dia 18)
- Lopez Veiga: O Governo barallou prenderlle lume ó verquido "cuando estaba lejos" ou o uso de disolventes. [28]
- Primeiras evidencias da segunda marea negra, que tocara Galiza esta mesma noite. [29].
- O responsable de política medioambiental da Xunta asume "lagóas" de información y ve anecdótica a su presencia nunha cacería durante a marea negra [30].
- Rajoy di que o fuel do «Prestige» é o menos tóxico de todos cantos vertidos sufriu Galiza [31].
01-decembro (dia 19)
[editar] 2004
23-Outubro
- Remata o proxecto de extracción do fuel.
[editar] 2006
19 Novembro
- Alviscase novo fuel posiblemente debido a unha rotura no casco [32]
21 Novembro
- O goberno confirma que o fuel detectado pertence ó Prestige. O Partido Popular culpa o Goberno de Zapatero pola xestión durante o proceso de selado. [33]
10 decembro
- Revelase que o Prestige nunca deixou de verter dende o seu afundimento. [34]
- O governo era coñecedor desta situación, decicindo non facela pública.
[editar] 2007
12 Xaneiro
- A pesar das promesas da UE, Galicia quedase sen o buque anticontaminación. [35]
24 Xaneiro
- Pesca sostén que Galiza ten a mesma capacidade de resposta que Europa perante un novo Prestige [36]
10 Febreiro
- Un informe da UE conclúe que foi un erro alonxar o «Prestige» [37]
25 Marzal
- O Gobierno admite que "foi imposible selar" todas as fugas do 'Prestige' e calcula que no pecio quedan 1.500 toneladas[38]
[editar] Outras Posibles liñas de actuación
- Refuxiar o Barco no porto da Coruña.
- Trasvase en augas tranquilas.
- Trasvase en alta mar (ideada polo Governo).
- Bombardear o Barco (Por Federico Trillo) [39].
[editar] Medidas a posteriori
- Alonxar o corredor marítimo da costa.
- Barcos anticontaminación con Base en Galiza.
- Prohibición de petroleiros monocasco
